A natureza ocupa un lugar central en Boiro e iso apreciase cando te encontras no parque da Cachada, que é o pulmón verde do núcleo urbano. As árbores de especies autóctonas forman un pequeno bosque galego que da acubillo e sombra ao visitante. No mesmo parque hai un cruceiro de pedra que che recordará que estás en Boiro, a morada de grandes fortalezas, ermidas e restos arqueolóxicos construídos nun pasado digno de recordar.
ACCESIBILIDADE: Practicable para persoas con movilidade reducida.